viernes, 14 de diciembre de 2012

Encontro de Emprendedoras e Empresarias 2.0 na Coruña o próximo 18 de Decembro

Comprácenos convidarche ao "Encontro de Emprendedoras e Empresarias 2.0", xornada formativa totalmente gratuíta, que se enmarca dentro das actuacións do Servizo de Creación e Consolidación de Empresas de Fundación Mujeres, e que se realiza co motivo do feche da formación do segundo semestre 2012 de Creación de Empresas da delegación de Galicia.


A finalidade desta Xornada é crear un espazo de encontro entre emprendedoras e empresarias no que se analizarán as estratexias de posicionamento a través do Marketing On line". Ver o programa que se xunta.

A xornada celebrarase o martes 18 de decembro, as 10.00h no Salón de Actos de Centro Cívico do Castrillón,( Pz. Pablo Igleisias s/n. A Coruña). 

A xornada é totalmente aberta, polo que non dubides en convidar a calquera outra muller emprendedora que poida estar interesada nesta temática.

A inscrición realízase online, na seguinte ligazón: Inscripción
Tamén se pode realizar a inscripción a través de calquera un destes enlaces, nos que figura toda a información:
Fundación Mujeres
data límite de inscrición é o 17 de decembro ás 12.00 h, ou até completar capacidade.

Para ver a ubicación da zona preme no seguinte enlace: Centro cívico Castrillón
Se desexas coñecer o acceso en transporte urbano, Transporte urbano

Se tes calquera dificultade para realizar esta inscrición, non dubides en porte en contacto connosco,  no seguinte teléfono: 981 29 40 97

4 comentarios:

  1. Hola mociña!
    moitas grazas polas túas palabras, son de moito ánimo e sí, eu xa coñecía o teu blog, e ata recordo que comentara algunha vez me parece a min, e sí, faloume deste blog Víctor e se mal non recordo creo que saíra en praza da pescadería! Un pracer coñecerte, un pracer lrte, xa que tes un concepto similar ao meu! Un abrazo e seguiremos falando por estes lares e para o que queiras, mimadriña.com!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Palmira, alégrome que che guste o meu blog e que coincidamos na forma de de ver a vida en +
      O pracer é meu de te coñecer :)
      Moitos biquiños e moita sorte con esas cousas tan xeitoxiñas que fas en papel de cores en MIMADRIÑA.COM.
      Deixei unha nova entrada da nosa experiencia onte co MarketinG on line. Teño un "contiño" para tí, espero que che guste!

      Eliminar