Será a sexta-feira, venres, 25 de xaneiro, ás 20:30 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña, local da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia (https://maps.google.es/maps?
No acto recitaranse poemas do libro, podendo intervir na lectura o público que o desexar, e participarán de diferentes maneiras os membros do Grupo Surrealista Galego presentes, co obxectivo expreso de aumentar a comunicación interior e exterior de Poesía e Vida.
Desde o GSG pedimos ao público asistente que traian consigo un obxecto surrealista, de pequeno tamaño, que pasará a facer parte da maleta dos obxectos mutantes para a observación poética in situ, que comezou o seu percorrido na presentación de Versos fatídicos, de Alfredo Ferreiro (http://gruposurrealistagalego
No acto haberá exemplares de Esplendor arcano para aquelas persoas que desexen adquirilo alí.
Lembramos que se poden conseguir xa dirixíndose a este correo electrónico: esplendorarcano@gmail.com, ou ben aquí:
A CORUÑA:
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3).
Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32).
Libraría Sisargas (Rúa Curros Enríquez, 9).
ARTEIXO:
Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3).
Tamén en: http://gruposurrealistagalego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario