martes, 4 de septiembre de 2012

Sada e a campaña "Tour Experiencias Galicia"


Boa tarde a todos e a todas,

a Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio quérevos informar dun evento que terá lugar o sábado 8 de setembro no Paseo Marítimo, a carón da Oficina de Turismo.
Chegará até Sada a campaña "Tour Experiencias Galicia", instalándose un trailer escenario co fin de achegar a todos/as aqueles interesados/as a calidade dos productos co selo Galicia Calidade e as súas aplicacións na cociña. De forma gratuíta, impartiranse showcookings e obradoiros de cociña cunha duración aproximada de 60 minutos cada un deles. Asimesmo, ditos cursos inclúen a degustación dos productos que se preparan e agasallos a tódolos/as asistentes.



Para poder asistir a estas actividades, tan só será necesario facer unha previa inscrición gratuíta e deixar os datos de contacto (nome completo, teléfono e turno elexido) , ben persoalmente na nosa oficina, a través do noso correo electrónico (omixsada@gmail.com) ou chamando ao teléfono que aparece más abaixo.
As prazas son limitadas, establecéndose 3 turnos a elexir: ás 12.30h, ás 17.30h ou ás 19:00h.
Desexando que esta información sexa do voso interese, enviámosvos un saúdo

Oficina Municipal de Información Xuvenil
Teléfono: 981.620331
Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio do Concello de Sada

Blogue Omix Sada

Web Concello de Sada

No hay comentarios:

Publicar un comentario