jueves, 7 de junio de 2012

UN POETA GALEGO E OUTRO INDIO NO ÚLTIMO RECITAL DE POETAS DI(N)VERSOS en Coruña

Comparto la información que mi compi de obradoiro literario Montse me hizo llegar.

*UN POETA GALEGO E OUTRO INDIO NO*

* ÚLTIMO RECITAL DE POETAS DI(N)VERSOS*
A *única* programación poética que ?de xeito estable- presenta *un/ha
poeta galego/a e outro/a internacional en Galicia* toca ao *seu fin*.
POETAS DI(N)VERSOS interromperá as súas citas mensuais durante os meses
estivais e *volverá en outubro* cunha nova edición do ciclo de recitais
dobres.
O *broche final* poñerano dous autores moi completos pero de xeografías
ben afastadas. O*ourensán* Franciso X (*Chisco*) *Fernández Naval* fará dúo
co *indio Sudeep Sen*. O primeiro reside dende hai *30 anos na Coruña* e
traballa como funcionario da administración, o visitante imparte aulas de
Literatura Inglesa na *Universidade de Delhi*. O Premio Xerais de Novela,
Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, e Premio ?Cidade de Ourense? en dúas
ocasións, establecerá así un man a man cunha das voces máis representativas
dentro da *nova xeración de autores indios en lingua inglesa*.

Será o próximo *luns 11 de xuño ás 20:30h*, no *Auditorio do Centro Ágora
* da Coruña. Nun espazo aberto e *gratuíto* para todos os amantes ou
curiosos pola mellor poesía feita tanto no país coma no resto do mundo. Con
este motivo editarase un novo folleto políptico, e convidarase a unha das
librarías da cidade a que poña exemplares dos convidados a disposición
daqueles que queiran*solicitarlles sinatura*.
Ademais, o tamén editor Sudeep Sen, vén de tirar do prelo unha informal
pero coidada selección dos seus poemas en *edición bilingüe inglés-galego*,
grazas ás traducións da directora do ciclo -a tamén poeta e dinamizadora
cultural *Yolanda Castaño*, cuxos vertidos ao galego soarán no acto do día
11.

O ciclo impulsado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña acadou
en todas as súas sesións unha *chamativa asistencia*, demostrando que en
tempos de crise segue a existir sempre un lugar para a poesía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario