miércoles, 24 de octubre de 2012

TEATRO COLÓN DE A CORUÑA: Grand Gala Tchaikovsky, Russian National Ballet


Por vez primeira a RUSSIAN NATIONAL BALLET, a compañía do mítico Sergei Radchenko, realiza unha xira por 20 teatros españois co programa GRAND GALA TCHAIKOVSKY, no que se recollen os momentos máis brillantes e espectaculares dos grandes ballets do gran compositor ruso.

Tras realizar xiras por todo o mundo e ter sido aclamada e recoñecida como unha das compañías máis importantes e que mellor representan os valores do ballet clásico tradicional ruso, a RNB preséntase no Teatro Colón da Coruña cun elenco de bailarins da máis alta escola encabezados polos solistas dos Teatros Bolshoi de Moscú e do Teatro Mariinski de San Petersburgo, Maria SOKOLNIKOVA e Aidos ZAKAN, Ekaterina EGOROVA e Dmitry SHCHEMELININ

A Gran Gala Tchaikovski está integrada polos momentos máis brillantes e máis coñecidos dos grandes ballets do mestre ruso. A primeira parte está dedicada integramente ao que é considerado como o "o exemplo supremo do ballet clásico do século XIX", e inclúe as escenas máis coñecidas de La Bella Durmiente. Na Segunda Parte recóllense algunhas das escenas máis recoñecidas e admiradas de El Lago de los Cisnes e de Cascanueces, así como números da montaxe coreográfica de Romeo e Julieta, baseados nas músicas da abertura escrita por Tchaikovsky con este título e outras músicas.

Venres 26 e sábado 27 de Outubro de 2012
HORARIOS: 20:30


Fuente: Teatro Colón Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario