viernes, 20 de abril de 2012

A POESÍA DA POESÍA

A poesía dun folio en branco

bramando tinta a esguello.

A poesía da primeira páxina

ante o impaciente lector.

A poesía das podadas ramas da ameixeira

deleitándose sobre a verde herba.

A poesía dunha nai recén parida

ao ver por primeira vez a faciana da súa filla.

A poesía dunha filla

dándolle un arrumaco a súa nai.

A poesía dun abrazo

e dun bico tamén.  

A poesía da lambetada do teu can

ao chegar a casa despois dun duro día de traballo.

A poesía da herba mollada,

a poesía dos pes descalzos ca pisan.

A poesía do teu corpo

cando está preto do meu.

A poesía da nosa canción

A poesía do teu momento

que é só  o teu.

A poesía da poesía, o mundo en verso unha e outra vez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario